Palabras con Memoria: construíndo desde a lingua

Explotación agraria de patacas na Limia (Xunta da Galiza)
photo_camera Explotación agraria de patacas na Limia (Xunta da Galiza)

bargado.- (Ademais de significados xa rexistrados) Tabique de madeira nun cortello.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

capoeiro.- (Ademais de significados xa rexistrados) Lugar na corte onde non podían chegar as vacas. Xeralmente estaba construído con táboas ou paus chantados na parede e con saída a un fachinelo polo que entraban as galiñas para pasar a noite ao quente.

Lugar de escoita.- Carbeiral- Bardaos (San Sadurniño).

Fonte.- Avelino Sanjurjo Beceiro (X. Ortigueira).

chilote.- (Ademais de significados rexistrados) Construción na que antes se gardaban os aparellos de pesca. Agora acostuman preparalas para facer unha vivenda de verán.

Exemplo.- “O Concello quere tirar os chilotes ilegais.”

Lugar de escoita.- O Morrazo.

Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto.

galiñán.- Galiñeiro.

Lugar de escoita.- Sto. Adrián de Cobres (Vilaboa do Morrazo).

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

Outros apuntamentos.- A fonte sinala que adoita pronunciarse con gheada.

portegaza.- (Ademais de significados xa rexistrados) Dentro das cortes das vacas adoitaba facerse un pequeno cortello, feito de táboas de arredor de 1,20 m. A portegaza era a porta dese cortello que independizaba os seus inquilinos do resto da corte.

Lugar de escoita.- Carbeiral-Bardaos (San Sadurniño).

Fonte.- Avelino Sanjurjo Beceiro (X. Ortigueira).

tiberio.- Pequena caixa ou pequeno cesto empregada/o por exemplo para coller patacas no faio ou na barrela con obxecto de preparar a comida.

Exemplo.- “Vou buscar un tiberio de patacas.”

Lugar de escoita.- A Ribeira (Cedeira).

Fonte.- Miguel Blanco López.

Outros apuntamentos.- Indica o informante que a pronunciación se fai con "gheada". É moi posíbel que derive da xiria dos canteiros.

Botelo.

Lugar de escoita.- Boiro.

Fonte.- Alumnado do CEIP Praia Xardín (recompilado polo EDLG do Centro).

Outros apuntamentos.- “Encántame o tampullo con patacas e grelos.”

Comentarios