Palabras con memoria: palabras para a rapazada

Rapazas e rapaces da Mariña acceden aos exames da ABAU en Viveiro
photo_camera Rapazas e rapaces da Mariña acceden aos exames da ABAU en Viveiro

anascote/a (ou anascotiño/a).- (Ademais doutros significados rexistrados) Meu querido/Miña querida, referido ás nenas e nenos.

Lugar de escoita.- San Lázaro (Mondoñedo).

Fonte.- María Celina Cruz Rodríguez.

barrosín/barrosina.- Neno/a que amasa o barro.

Lugar de escoita.- A Fonsagrada.

Fonte.- Pai de Anxo Toimil Santín.

Outros apuntamentos.- Enviada por Juncal Martínez, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo.

carruallada.- Xente cativa.

Lugar de escoita.- Zona de Ortegal (A Coruña).

Fonte.- Antonio Yáñez Casal.

miña ghalana/meu ghalán.- Miña rapaza/ meu rapaz; miña pobre/meu pobre.

Lugar de escoita.- Muxía.

Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.

parula/o.- Rapaza/rapaz (con intención laudatoria).

Exemplo.- "A parula está moi guapa hoxe."

Lugar de escoita.- Cerceda.

Fonte.- Susana Amadeo Martínez/CPI O Cruce de Cerceda.

pillería.- Substantivo colectivo para designar o conxunto de nenos/as.

Exemplo.- “Prefiro tratar coa pillería que coa xente adulta.”

Lugar de escoita.- Cuntis.

Fonte.- Marcos Seixo.

Comentarios