amarar.- (Ademais de significados xa rexistrados) Estancarse a auga por calquera motivo facendo unha poza.
Exemplo.- “Aquí hai auga amarada.”
Lugar de escoita.- Razo, Carballo, comarca de Bergantiños.
Fonte.- Xulián Pombo Rama.
antol (botar ao).- Canalizar a auga do rego para que mane cara ás leiras.
Lugar de escoita.- Vigo (zonas rurais).
Fonte.- Emilio Bargiela.
Outros apuntamentos.- Desde a APAMP (Vigo).
batorexar.- Bater a auga salpicando, salferindo, zarrapicando..
Lugar de escoita.- Pedrafita do Cebreiro e Navia de Suarna.
Fonte.- Inés López Fernández/Endl Navia de Suarna.
encaraçar(-se).- Formar(-se) caraço (cristal de gelo) sobre uma superfície.
Exemplo.- "Doíam as mãos a apanhar aquela verdura encaraçada."
Lugar de escoita.- Vicinte (Outeiro de Rei).
Fonte.- Ramiro Barros Justo.
esbatroxar.- Esbatuxar, salpicar con algún líquido.
Lugar de escoita.- Zona de Navia de Suarna.
Fonte.- ENDL Navia de Suarna.
ploro.- Paraugas.
Lugar de escoita.- Ferrolterra.
Fonte.- Henrique Dacosta.
rezougue.- Cando o río leva alto o caudal cheirando a auga movida.
Exemplo.- "O rezougue do río."
Lugar de escoita.- Baños de Molgas (Ourense).
Fonte.- Paula Gómez del Valle y Gómez.