Pachi Vázquez bota man de Eduardo Madina para tentar seducir o voto mozo

O secretario xeral socialista do Grupo Parlamentario do PSOE no Congreso visita Galiza para intentar darlle dimensión estatal á campaña. Madina participou nun acto con Mocidade, no que canda Pachi Vázquez tamén falaron a e o secretarios xerais de Xuventudes Socialistas a nivel galego e Estatal, María Torres e Nino Torres.
Pachi Vázquez con moz@s das Xuventudes Socialistas
photo_camera Pachi Vázquez posando con moz@s das Xuventudes Socialistas

O PSOE segue fiando a súa campaña electoral á suposta atracción dos líderes estatais, e así, o secretario xeral d@s socialistas no Congreso e un dos valores emerxentes do partido en Madrid, Eduardo Madina, asegurou que “estamos ás portas dun cambio político en Galiza” e xulgou que ese será “o maior aviso a navegantes para Mariano Rajoy, e as súas políticas antisociais”.

Madina dixo que “a primeira batalla democrática” contra o PP a nivel estatal “xógase aquí”. “A primeira gran decisión está en mans desta cidadanía, cuxa influencia política transcende as fronteiras de Galiza”, remarcou.

Ante un auditorio de moz@s, no que tamén falaron a Secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas, María Seoane e o seu homólogo a nivel Estatal, Nino Torres, o socialista chegado de Euskadi falou “dunha dereita que fixo da súa política un instrumento ao servizo do fin da cohesión social”. “Chámanse Rajoy e Feijóo, pero poderían chamarse Thatcher e non pasaría absolutamente nada”, concluíu Madina.

No acto, desenvolvido en Compostela, Madina falou da “valía de Pachi Vázquez” após comentar que ambos os dous teñen posto na dirección federal do PSOE xunto a Rubalcaba e afirmou: “Tedes moita sorte de contar con el”.

Comentarios