Outubro deixa na Galiza 236 novas persoas rexistradas no desemprego cada día

O parou aumenta en 4,6%, punto medio máis que no conxunto do Estado (3,18%).

 

Desemprego
photo_camera Desemprego

Outubro despídese deixando 7.323 persoas máis no rexistro do paro na Galiza. Un incremento de 4,6% nas persoas no desemprego que é superior á que nese mesmo mes se rexistrou no conxunto do Estado (3,2%). Outubro é tradicionalmente un mal mes nos dados do paro e volveuno demostrar.

O desemprego aumentou na Galiza en todos os sectores, con especial forza no de servizos (máis de 5.000 persoas desempregadas máis). Na industria subiu en 598 persoas paradas, na Construción en 363 e no sector primario, en 827.

Rexistráronse, ademais, 106.040 contratos nese mes, a maioría, como vén sendo habitual, temporais (95.942).

A afiliación está en 1.027.450 persoas, un descenso de 2.740 (cae 0,68% fronte ao 0,5% estatal). Desde outubro do ano anterior, porén, a afiliación aumentou en 1,4% na Galiza. Dato peor tamén que a media estatal, onde a suba foi de 2,3% nese mesmo período.

Comentarios