Otegi sairá da prisión en marzo

A Audiencia Nacional española fixa no día 28 o esgotamento da condea.

Otegi

Arnaldo Otegi sairá da cadea o 28 de marzo de 2016. Así o comunicou a Audiencia Nacional española após recomputar a condea como resultado dun recurso que presentou a súa defensa. 

Neste senso, inicialmente estaba previsto que a súa saída fose en abril mais adiantarase ao abeiro da doutrina do Tribunal Supremo que fixa as comparecencias periódicas nos Xulgados como período en prisión preventida. 

A decisión adoptada pola Sala do Penal da Audiencia Nacional española foi coñecida logo de que o Tribunal de Estrasburgo admitise a trámite unha parte da demanda presentada polo propio Otegi, xunto coas demais persoas que integran o denominado caso Betaragune. 

Otegi saíu eleito presidente da mesa electoral do seu concello, obriga legal que non poderá cumprir ao estar en prisión

Estrasburgo rexeita cuestións como a parcialidade do TC pola vinculación dalgúns dos seus maxistrados co Partido Popular e valora a posibilidade de abordar a sentenza condenatoria do caso, pola que foron encarcerad@s. Así as cousas, entende que é preciso contar coa opinión do propio Estado español ao respeito para analizar a vinculación con ETA que lles foi atribuída. 

Curiosamente, esta mesma semana tamén se fixo público que Arnaldo Otegi foi seleccionado no seu concello para presidir a mesa electoral o 20 de decembro. Unha obriga legal que non poderá cumprir ao estar na cadea. 

Comentarios