Xuntanza en Bruxelas

A OTAN cede ante as presións de Trump

O presidente dos Estados Unidos quere que a Alianza Atlántica incremente a súa presenza en Oriente Próximo, para partillar o gasto económico e para enviar unha mensaxe ao Irán ─e, indirectamente, tamén a Rusia─.
HANDOUT - 11 February 2020, Belgium, Brussels: North Atlantic Treaty Organization (NATO) Secretary General Jens Stoltenberg speaks during a press conference ahead of NATO Defence Ministers meetings. Photo: -/NATO/dpa - ATTENTION: editorial use only and only if the credit mentioned above is referenced in full
ONLY FOR USE IN SPAIN

HANDOUT - 11 February 2020, Belgium, Brussels: North Atlantic Treaty Organization (NATO) Secretary General Jens Stoltenberg speaks during a press conference ahead of NATO Defence Ministers meetings. Photo: -/NATO/dpa - ATTENTION: editorial use only and only if the credit mentioned above is referenced in full

2/11/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera "A prevención é mellor que a intervención", dixo o secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg, na conferencia de prensa previa á reunión (Europa Press)

A escalada da tensión en Oriente Próximo despois do asasinato estadounidense, a principios de ano, do xeneral iraniano Qasem Soleimani fixo que a OTAN retirase parte das súas tropas despregadas no Iraq. A alianza militar, reunida onte e hoxe na súa sede, en Bruxelas, está a analizar o redespregamento militar e, ante as presións do Goberno dos EUA, un maior aumento da súa presenza na rexión.

"Que nome tan fermoso... NATOME''. NATO son as iniciais en inglés para a OTAN, a Organización do Tratado do Atlántico Norte. Trump, nos días posteriores ao asasinato de Soleimani avogou firmemente por que a alianza militar, fundada en 1949 para contrarrestar a URSS, fose máis activa en Oriente Próximo. Isto é, "Middle East" ─en inglés e desde a perspectiva norteamericana─ cuxas iniciais son ME. De aí a ocorrencia do mandatario estadounidense: NATOME.

En xaneiro de 2017, pouco despois de asumir o cargo de presidente dos EUA, Trump concedeu unha entrevista conxunta aos xornais Bild e The Times, onde cualificaba a OTAN de "obsoleta". E, esta mesma semana, asegurou nunha conferencia de prensa que a alianza "estaba a caer como un foguete espacial".

Segundo unha análise publicada polo Cato Institute, Trump busca carta branca para actuar ao tempo que quere o apoio dos aliados na OTAN nos casos en que, como o recente enfrontamento co Irán, necesite apoio.

Neste sentido enmárcase a petición da "NATOME": por unha banda, partillar o peso económico que supón ─unha idea recorrente no discurso de Trump, máis en campaña electoral─, e pola outra, mandar unha mensaxe a Teherán ─e indirectamente a Moscova─ de que conta co apoio dos seus aliados europeos.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.

Comentarios