O Celta volve mudar de adestrador, todo un costume desde a despedida de Toto Berizzo do banco celeste. O club comunicou esta mañá a Óscar García que non seguirá a adestrar o Celta e comunicoullo cando o catalán se dirixía adestrar.
Entre os nomes que están a soar con forza para coller o relevo de García está a de Marcelino, que xa tería desde hai uns días unha oferta do club galego sobre a mesa. Marcelino adestrou nestes anos equipas como Sevilla, Villareal e Valencia.
Mais tamén soan outros nomes, como Eduardo “Chacho” Coudet, que adestrou conxuntos arxentinos e brasileiros.
García levaba desde hai semanas na corda bamba polos resultados obtidos nesta tempada. Se ben contaba co apoio de xogadores do peso de Iago Aspas e unha parte da directiva, impúxose finalmente o sector que apostaba por finiquitalo. A súa aposta clara pola canteira (nesta tempada: Carreira, Veiga e Miguel Rodríguez) é un dos sinais de identidade que quixo recuperar para o club celeste.
Xa son tres as tempadas consecutivas nas que o Celta destitúe o adestrador.
O Celta é a equipa que marca agora a permanencia en Primeira División con 7 puntos. Gañaron un partido, perderon 4 e empataron outros 4
O final desexado era outro, mais non puido ser.
— Garcia Junyent (@garciajunyent) November 9, 2020
De Vigo ímonos cunha experiencia única. Queremos dar as grazas á afección do Celta polo trato que recibimos en todo momento.
Do Celta de Vigo por sempre. Desexámosvos a mellor das sortes de agora en diante.
Afouteza! pic.twitter.com/f3SurUCFwA