Ortega Smith (Vox) desembarca en Ourense para afirmar que “a única nación dos galegos é España”

O secretario xeral da formación de extrema dereita di que en breve haberá "miles" de seguidores de Vox na Galiza. 
Vox ourense @Ortega_Smith
photo_camera Foto: @Ortega_Smith

O secretario xeral de Vox, Javier Ortega Smith, afirmou nun mitin en Ourense que "a única nación dos galegos é España”. Smith centrou o seu discurso na crítica á "gran mentira das Comunidades Autónomas" e puxo como exemplo á Xunta, para sinalar que "se non existise habería moitos máis proxectos e infraestruturas en marcha" .

"A estafa das Comunidades Autónomas foi dicirlle aos españois que, deste xeito, terían unha administración máis próxima cando en realidade só produciu unha triplicidade de servizos", sinalou. Vox aposta por "un só goberno de España" porque "a forza de Galiza, Cataluña, Baleares ou Andalucía reside en que forma parte dun proxecto nacional que ten a súa sede na soberanía de todos os españois”.

"Agora somos cen pero en moi poucos meses veredes salóns con miles de persoas na Galiza esperando para recibir a Vox", prometeu Ortega Smith ás persoas que seguían a súa intervención.

O secretario de Vox subliñou que o seu partido "defende a igualdade de todos os españois" e, criticou a "nefasta imposición dos lobbies de violencia de xénero que crean desigualdade nos homes que son a metade da poboación".

Comentarios