As orquestras converten as rúas de Compostela nunha verbena para defenderen os seus dereitos

Metais, percusión, voces... as orquestras converteron as rúas de Santiago nunha festa reivindicativa con sons de verbena cos que reclamaron dereitos para o colectivo profesional e un IVE cultural reducido. 

 

orquestra
photo_camera orquestra

Con escenario ambulante incluído, os sons das verbenas sentíronse nas rúas de Compostela na manifestación convocada pola Asociación de Músicos e Cantantes da Verbena Galega e a Asociación Galega de Orquestras. 

Ao ritmo da popular “A Santiago vou” de Os Tamara, centos de persoas fixeron soar os seus instrumentos de traballo e as súas voces ao cantar: “Por Santiago vou, lixeiriño, camiñando/Para que regularicen a este sector que está agonizando”. 

Con música os lemas da manifestación foron saíndo ao ritmo de Guantanamera ou Carmiña. As reivindicacións explicitáronas en cinco puntos: verbena galega patrimonio cultural e ben de interese turístico, loita polos dereitos d@s músic@s, regularización do sector, IVE cultural reducido e permanencia das comisións de festas.

Comentarios