Machismo

A oposición esixe o cese do secretario de Jácome polos seus chíos machistas e lgtbifobos

O PSdeG esixe a demisión do secretario do alcalde de Ourense polo seus chíos machistas e lgtbifobos na súa conta de twitter. Félix Álvarez é o máximo cargo de confianza do alcalde ourensán Gonzálo Pérez Jácome e o seu posto está remunerado con cartos públicos. O rexedor quixo pedir desculpas cualificando o comentario de “non procedente” após as denuncias da oposición e peticións de cese.

felix alvarez
photo_camera Chío de Félix Álvarez

Félix Álvarez, secretario do alcalde ourensán Gonzalo Pérez Jácome, ocupa como tal o máximo posto de confianza do rexedor no concello da cidade das Burgas.   

O PSdeG solicitou o cese deste membro destacado de Democracia Ourensá após ter pendurado na mañá desta cuarta feira 3 de xullo unha imaxe con lemas machistas e escribir na súa propia conta de twitter o texto lgtbifobo “Para gustos cores, e para maricóns flores".

O PSdeG solicitou o cese deste membro destacado de Democracia Ourensá

O grupo do PSdeG, encabezado polo seu portavoz Rafael Villarino, esixiu a demisión inmediata do secretario do alcalde, considerando de “inaceptábel” o escrito. Ademais, Villarino denunciou estas actitudes como unha "constante" entre os representantes públicos do grupo de goberno local de Democracia Ourensá.

O alcalde Gonzalo Pérez Jácome pretendeu pedir desculpas afirmando que o comentario foi "non procedente", que "se trata dun comentario desafortunado nun contexto informal" e cualificouno de "comentario totalmente individual e nada máis".

A publicación foi borrada do perfil de Félix Álvarez.

Comentarios