ONU: 191 países votaron contra o bloqueo a Cuba

EUA e Israel abstivéronse.

ONU

Máis unha vez, e xa son 26 consecutivas, a comunidade internacional votou contra o bloqueo que Estados Unidos mantén sobre Cuba. Desta volta na asemblea xeral da ONU houbo 191 votos (de 193 países representados) contra o embargo e só dous a favor, os de Estados Unidos e Israel.

A votación respondía ao proxecto de resolución presentado pola Habana e titulado ‘Necesidade de poñer fin ao bloqueo económico, comercial e financeiro imposto por EUA sobre Cuba’. “As nosas sancións contra Cuba son unha parte do noso esforzo por axudar a que todos en Cuba teñan dereitos humanos e liberdades fundamentais e elixan o seu propio destino”.

De por parte, o chanceler cubano, afirmou que a historia de EUA con Cuba baséase en “mentiras e agresións”. Durante o seu discurso na sede da ONU , Bruno Rodríguez  dixo que “Cuba xamais aceptará condicionamentos”.