A FONDO

Unha ollada ao noso verde

Esta semana o caderno A Fondo está dedicado á situación dos bosques e montes galegos. Esta quinta feira, nos quiosques e na nosa loxa.

[Foto: Manuel Mera]
photo_camera [Foto: Manuel Mera]

O A Fondo desta semana pousará os ollos no noso medio natural. Faino reparando na situación que atravesan os bosques e montes galegos. Ese 65% do noso territorio que con 1,4 millóns de hectáreas arborizadas que colorea en verde a nosa paisaxe e unha parte importante da nosa identidade.

Baixo a coordenación de Fins Eirexas, Secretario executivo de Adega, o caderno aborda as principais cuestións que atinxen á Galiza verde. Non se limita apenas á descrición da situación actual. Se non que adiciona unha explicación histórica que serve para contextualizar o presente, e sobre todo, partilla algúns criterios e propostas para asegurarmos o futuro dos bosques e do monte. Unha cuestión percorre as páxinas deste novo A Fondo: Que seriamos nós sen os bosques?, cuestiónase Fins Eirexas.

Co obxecto de darlle resposta analízase a relación do monte co agro, o papel do monte veciñal en man común, a importancia do silvopastoreo ou a necesidade dunhas outras políticas agroforestais. Todo desde a posta en valor dun dos nosos máis prezados patrimonios. Reflexións que xorden por boca de especialistas tanto no eido forestal, como na cuestión ambiental e o desenvolvemento rural. Fiadas todas por un mesmo pretenso que desemboca na conclusión do caderno: o monte ten arranxo. 

Máis en Só en papel
Comentarios