Os pais do neno reclaman formación específica para as e os monitores

Mobilizacións en Oleiros pola directora obrigada a dimitir porque un alumno quedou esquecido no bus

Decenas de persoas concentráronse hoxe ás portas do CEIP Luis Seoane para pedir á Consellaría que se depuren responsabilidades e que a docente sexa readmitida no seu cargo. Os proxenitores do estudante de catro anos, que presentarán unha queixa por escrito na Xunta, din que a directora non tivo responsabilidade e contan que o pequeno xa non quere "ir en autobús nin á escola".

EuropaPress_2737964_imagen_archivo_autobus_transporte_escolar
photo_camera Fotografía de arquivo dun autobús escolar. (Foto: Europa Press)
Comentarios