O PSdeG-PSOE confirma primarias para a candidatura á presidencia da Xunta

Sexan cando for as eleccións e mesmo adiantándose ao outono deste ano, o PSdeG-PSOE celebrará primarias para elexir a persoa que presentarán como candidato á Xunta de Galiza.

Nin un adianto electoral fará cambiar de opinión á directiva do PSdG-PSOE á hora de convocar as súas primarias polas que militantes da organización elixirán á persoa que será candidata á presidencia da Xunta. Confirmouno o secretario de organización Pablo García para quen o requisito legal de convocatoria oficial con 55 días antes abondaríalles para culminar o proceso. Previamente, o partido rematará a celebración dos congresos provinciais.

Comentarios