Crise no Concello de Ourense

O PPdeG avala a ruptura de Goberno con Jácome e BNG e PSOE exixen un cambio

O voceiro parlamentario do PP, Pedro Puy, cre que o grupo municipal da cidade fixo o correcto ao "suspender" o acordo existente. Pola súa parte, tanto Ana Pontón (BNG) como Gonzalo Caballero (PSdeG) demandan aos populares que deixen entrada a outro Executivo e poñen en dúbida os posíbeis compromisos de Feixoo e Baltar con Democracia Ourensá.
EuropaPress_3305983_portavoz_parlamentario_ppdeg_pedro_puy_declaraciones_pasillos_camara
photo_camera O popular Pedro Puy, hoxe, no Parlamento. (Foto: Europa Press)
A crise de gobernabilidade ourensá non tardou en provocar as primeiras impresións dos distintos grupos políticos con representación no Parlamento. Na sesión de hoxe o máis buscado foi o PPdeG, que defendeu a decisión tomada polas sete edís populares de Ourense.
 
A "suspensión temporal" do pacto de Goberno no Concello de Ourense conta co aval do PPdeG, que esta terza feira afirmou a través do seu voceiro parlamentario, Pedro Puy, que os compañeiros encabezados polo ex conselleiro e ex rexidor Jesús Vázquez "fan o correcto".
 
O portavoz incidiu en que propuxo ao PSOE que gobernase a listaxe máis votada nas municipais, polo que considerou que cada quen ten a súa "cota de responsabilidade".
 
Porén, defendeu a forma de actuar do grupo municipal do Partido Popular, que mesmo renunciou ás súas competencias como parte do Executivo local, debido ao "problema interno". Na opinión da organización, estánn a actuar con "lealdade" ao pedir "estabilidade por parte do socio no concello".

Marcha da "dereita"

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, tamén deu a súa opinión ao respecto subliñando que "a dereita ten que apartarse" para "dar paso a un goberno alternativo" ao de Gonzalo Pérez Jácome.
 
Igualmente, após a apertura da XI Lexislatura no Parlamento galego, Pontón convidou ao presidente da Xunta e do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, a "explicar cal foi o pacto ao que chegou con Jácome, que deixa a Ourense, a terceira cidade de Galicia nunha situación tan delicada".
 
"Non esquecer que a responsabilidade dese goberno en última instancia foi o propio Feijóo, que avalou cun pacto do que non coñecemos as cláusulas e temos que asumir a súa responsabilidade", insistiu, considerando que as políticas do PP non son o que precisa Ourense.

Villarino, o elexido pola cidadanía

Pola súa parte, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, defendeu o dereito e a necesidade de que dirixise o Consistorio a lista máis votada; neste caso a do seu compañeiro de formación Rafael Rodríguez Villarino. Precisamente esta cuestión púxoa en dúbida Puy ao afirmar que foi unha medida que estivo sobre a mesa e que obtivo o non socialista.

Con independencia dos resultados dos comicios municipais, descartou que a mellor opción para a cidade sexa outro executivo no que participen os populares. Así culpou tanto a Alberto Núñez Feixoo como a Manuel Baltar da situación .

"Para manter a deputación de Baltar chegaron a un acordo de indignidade contrario a todo o que dixeron Democracia Ourensá e PP na campaña das municipais", apostillou Caballero.

Comentarios