O FMI pon tarefas a Rajoy: Suba do IVE, tesouradas á seguridade social e recortes a funcionarios

O Fondo Monetario Internacional (FMI) fai públicas as súas recomendacións ao goberno español e alaba, aínda que considera que non foron de abondo, os recortes de Madrid
Christine Lagarde, directora do FMI
photo_camera Christine Lagarde, directora do FMI

Se non queres caldo, sete cuncas. Desde que saltou a noticia o pasado sábado do rescate para España, Rajoy e o seu goberno levan defendendo por activa e por pasiva que esa "liña de crédito" de ata 100 mil millóns de euros non ía supor contrapartida algunha para cidadanía. Pois ben, o Fondo Montetario Internacional (FMI) vén de facer público o informe elaborado polo seu equipo de técnicos que nestes días estivo no Estado español. Un documento no que se recollen diferentes 'consellos' para o executivo de Madrid, como subir o IVE, suprimir a dedución fiscal para videnda ou recortar (novamente) os salarios dos funcionarios.

Non son as únicas propostas do FMI a Rajoy, pois tamén recomenda que sería "desexábel" estudar unha redución nas cotizacións á seguridade social. O Fondo defende as medidas de austeridade adoptadas polo executivo español nestes meses mais recoñece que non lograron crear confianza nos mercados e considera que a situación da economía de España é preocupante.

Cal é a cifra?

As achegas do FMI chegan en pleno debate sobre cal é a cantidade precisa que hai que aportar para sanear a banca española. A comezos da vindeira semana coñecerase a avaliación feita por duas auditoras independentes, aínda que as primeiras filtracións apuntan a unha cantidade de ente 70 e 80 mil millóns de euros. O Fondo Monterio Internacional calculaba, hai menos dunha semana, que esa cifra sería de 40.000 millóns.

Comentarios