Opinión

O Dépor suma sen convencer

Resulta exasperante ver cómo por un erro no centro do campo, que despois continúa en defensa, o Dépor leva ó traste un traballo plausible. Como xa non é novo e como o Dépor está onde está, non caben análises suaves. 

Si hai espazo para as bromas e as chanzas como para pedir pagas extras por gañar un partido, aínda que sexa de chiste ou como se o 28 de decembro dure todo Nadal, tamén hai lugar para esixirlle ó equipo de Parralo máis, moito máis. 

Que ao Dépor, xogando cun suposto trivote, se lle escape un xogador polo centro do campo, ante un futbolista que tampouco é que sexa Messi, e logo colla á defensa nas papas resulta a estas alturas un escándalo. E o é porque o problema non é novo. Tamén o é porque Parralo coñece perfectamente os problemas do seu equipo e a reiteración destes erros que están sangrando ó equipo toda a temporada. Algún tipo de adestramento ten que ter. Pero a reiteración no erro, no mesmo tipo de erro, é unha burla. Hai que lembrar que os futbolistas están moi, pero que moi ben pagados. Da carraxe ver ó Deportivo cometendo sempre o mesmo tipo de erro, por concentración, por falta de contundencia, por intensidade -cada un que lle poña a etiqueta que desexe- indica escaso interese, nula concentración, pouca análise e menor corrección por parte dos seus responsables: os futbolistas. 

Que ao Dépor, xogando cun suposto trivote, se lle escape un xogador polo centro do campo, ante un futbolista que tampouco é que sexa Messi, e logo colla á defensa nas papas resulta a estas alturas un escándalo. O Dépor, outra vez, tivo que loitar co taboleiro de marcas en contra. Tivo que tirar doutro plan para remontar unha derrota. De feito, pásalle tantas veces que é un plan que debe ser considerado hiperadestrado. O equipo sofre máis da conta e pódeo pagar moi caro se mantén esta liña perigosa.

Que ao Dépor, xogando cun suposto trivote, se lle escape un xogador polo centro do campo, ante un futbolista que tampouco é que sexa Messi, e logo colla á defensa nas papas resulta a estas alturas un escándalo

 

O empate finalmente é positivo, ademais de xusto, porque o equipo de Parralo intentou ofrecer un bo papel. Estivo a piques de sorprender na primeira metade antes do gol do Vilarreal. O gol non derrotou os deportivistas e trataron de buscar a situación que devolvese o empate. A volta de Andone ó equipo titular, aproveitando a lesión de Lucas Pérez, foi mol positiva. Adrián segue na Liga do ano pasado. É o auténtico futbolista que marca as diferenzas no Deportivo. É a única referencia que ten o equipo, xa que o asturiano ten algo nas súas botas que o converte arestora no xogador máis fiable do cadro de Cristóbal. 

Foi Andone o que marcou. Un gol que se traduce nun berro de autoproclamación. Andone quere a titularidade no equipo. Desta vez tívoa e aproveitouna, o que pon todos os focos sobre a situación de Lucas, titular indiscutible con Parralo, pero cunha rendibilidade sorprendentemente escasa. O gol do romanés débello a Sidnei. O brasileiro esqueceuse do seu cometido defensivo para incorporarse como mediapunta asistindo un pase case imposible para un central. O seu teimudo comportamento foi o que precipitou, finalmente, un extraordinario centro para o gol do empate.

Andone quere a titularidade no equipo. Desta vez tívoa e aproveitouna, o que pon todos os focos sobre a situación de Lucas

 

A melloría no Deportivo segue a ser moi lixeira. A orde do equipo non é tan clara. O comportamento nas liñas do Dépor, sobre todo cando lle toca defender, é infinitamente mellorable.

Pasaron os reis pola Coruña, pero polo momento, que se saiba, as fichaxes que se esperan non chegan. Porteiro, central e pivote defensivo son o número e as posicións en que o Dépor ten que fixarse e confirmar as incorporacións. E logo…, amarralos para competir.

Tarefa complicada. Ollo ó calendario. 

Comentarios