Imprimir

O BNG non apoia a moción de censura encuberta do PP ao alcalde de Ourense, mais exixe condicións

M.E | 09 de maio de 2013

Reclama que o diñeiro investido en alcol para unha festa [email protected] socialistas se devolva ás arcas públicas, que se depuren responsabilidades e que se estabeleza "con toda nitidez" en que se poden gastar os cartos que reciben os grupos municipais


O grupo municipal do BNG optou finalmente por non apoiar a moción presentada polo PP para reprobar o alcalde de Ourense, Agustín Fernández (PSdG), após as facturas dun gasto en alcol para unha festa [email protected] socialistas que non chega aos cen euros, mais que foi pagado co diñeiro que o Concello desembolsa para garantir o funcionamento das formacións políticas que fan parte da corporación. 

A formación nacionalista rexeitou sumarse a esta moción de censura encuberta do PP, pois @s [email protected] estaban a negociar xa apoios de cara á alcaldía, mais fixaron tres condicións: que o diñeiro se devolva ás arcas públicas, que se depuren responsabilidades dentro do grupo socialista e que se estabeleza "con toda nitidez" en que se poden gastar os cartos que reciben os grupos municipais.

Nun tenso debate que durou por volta de dúas horas, tampouco o PSdG apoiou a reprobación do rexedor. Por tanto, unicamente recibiu os votos a favor [email protected] 11 edís do PP e [email protected] dúas de Democracia Ourensana. 

As dúas formacións cargaron contra o mal uso que o PSdG outorga ao diñeiro que recibe do Concello. Porén, o PP empregou 10.690 euros en "gastos de representación", é dicir, paparotas entre [email protected] [email protected] ou ágapes coa veciñanza na procura dun apoio político; e Democracia Ourensana destinou a súa asignación, por volta de 17.000 euros, a pagamentos a Auria TV, a canle de televisión privada do seu líder, Gonzalo Pérez Jácome.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/politica/o-bng-non-apoia-a-mocion-de-censura-encuberta-do-pp-ao-alcalde-de-ourense-mais-esixe-condicions/20130509204422014677.html


© 2020 Nós Diario