Opinión

O balón está parado

Non imos a descubrir agora o papel que xoga o deporte de elite na nosa sociedade e que foi crecendo nas últimas décadas. Move grandes cantidades de diñeiro, é o entretemento de pago que máis público reúne, e da visibilidade ás estruturas estatais.

Deixando a un lado algunhas excepcións, só os estados poden participar nos campionatos internacionais. Por iso son de segunda as seleccións de Catalunya, Galiza e Euskal Herria. Tamén sucede así nun deporte que ten a súa orixe nun dos nosos países: a pelota. A selección nacional do noso pobo non pode participar no campionato mundial que organiza a oficialmente chamada Federación Internacional de Pelota Vasca, porque a Federación Española vetouna. Está tan aceptado que é un deporte noso, que o nome en inglés da federación da India é All India Pelota Vasca Federation.

Pero o desexo da que a nosa selección de fútbol participe en campionatos internacionais está afectado por un mal anterior á Covid-19.

Esta semana, a selección vasca de fútbol gañou 2-1 á de Costa Rica. O partido xogouse coas bancadas baleiras, debido á pandemia. Pero o desexo da que a nosa selección de fútbol participe en campionatos internacionais está afectado por un mal anterior á Covid-19. Quedan lonxe os tempos nos que as bancadas dos nosos máis grandes estadios estaban cheas de afeccionados: nos últimos anos cada vez reuniuse menos xente en ditos partidos.

Por que? Porque os afeccionados cansaron de bater contra a parede levantada polas estruturas do Estado español, porque non ven actitudes firmes por parte das institucións públicas, e porque predomina o intento de converter en simples partidos o que antes eran festas reivindicativas a favor da oficialidade das nosas seleccións. É dicir, procurando non molestar moito.

Non sei, María e Vicent, exactamente que importancia tiveron nos últimos dous ou tres anos as reivindicacións a favor das seleccións oficiais dos vosos pobos, pero, dado que non percibín gran movemento, supoño que a situación é semellante á nosa. O chamamento que fixo esta semana o xogador recentemente retirado Aritz Aduriz para apoiar á selección é revelador. Ese balón está parado.

Comentarios