Novo récord no prezo da luz

O prezo medio da enerxía consumida hoxe, 5 de setembro, é 23,8% máis cara que no mesmo día de 2017

Luz eléctrica
photo_camera Luz eléctrica

O prezo da luz non para de subir, tanto ten que haxa choivas ou non, que tire da produción as enerxías renovábeis ou as que non. O prezo, aumenta. O custo maiorista está nesta terza feira, 5 de setembro, en 74,58 euros por megavatio / hora. E estímase que nas horas nocturnas chege a 79 euros, o que sería o prezo máis alto de todo o que vai de 2018.

Que é o prezo maiorista? O que pagan as empresas distribuidoras e repercuten no recibo das persoas consumidoras. O prezo do mercado de xeración eléctrica desde inicios de setembro mantén a tendencia alcista e superouse o máximo do ano en dous días consecutivos.

Desde a organización de defensa do consumidor Facua advirten que o prezo medio da enerxía consumida é hoxe, 5 de setembro, 23,8% máis cara que no mesmo día de 2017.

Comentarios