O novo Parlamento ucraíno estuda a ilegalización do Partido das Rexións e do Partido Comunista

A situación en Ucraína é caótica. O novo Parlamento, en mans das forzas opositoras e pro-UE, estaría considerando ilegalizar o Partido das Rexións e o Partido Comunista. O país camiña cara á partición.

kiev
photo_camera kiev

Segundo Russia Today, un meio de comunicación que é propriedade do Estado ruso, as rexións orientais, de maioría rusófona, non recoñecen a lexitimidade do novo goberno ucraíno, en mans das forzas políticas partidarias da integración na Unión Europea, entre as que se achan tamén as correntes de ideoloxía nazi cuxas milicias armadas foron determinantes na derrota do Goberno de Ianukovich.

Nesas rexións estaríanse a organizar tamén milicias armadas para resistir unha eventual ofensiva militar das novas autoridades.

Russia Today informa que o novo Parlamento estaría a considerar, entre distintas leis, unha disposición que situaría fóra da lei o Partido das Rexións e o Partido Comunista. Este último defende desde o principio da crise que se convoque un referendo para determinar a política de alianzas do país. Os comunistas non están nen coas forzas pro-UE nen con Ianukovich ao que consideran tamén un instrumento da oligarquía, embora sexa pro-ruso.

Mentres tanto, ninguén sabe ben onde está Ianukovich, quen, segundo algúns meios, entre eles El País, tería perdido até o apoio do seu proprio partido.

Comentarios