Imprimir

Novo fracaso de Salvamento marítimo para rescatar o 'Blue Star'

Redacción/ Europa Press | 24 de novembro de 2019

Intento de sacar o Blue Star; coa pleamar (Iago Varela)
Intento de sacar o Blue Star; coa pleamar (Iago Varela)
O quimiqueiro continúa na costa de Ares á espera dun novo intento que terá lugar ás 14 horas.

O barco quimiqueiro Blue Star, con bandeira de Malta, continúa embarrancado na costa de Ares logo de fracasar un novo intento esta madrugada de Salvamento Marítimo en colaboración coa Marina Mercante e Capitanía Marítima para rescatalo. Fontes oficiais indicaron que este domingo haberá outro intento cara as 14 horas.

O buque embarrancou na noite desta sexta a sábado na costa de Ares. En concreto, entre as praias de Barrosa e A Canteira, na zona de Punta Miranda. Segundo Salvamento Marítimo, a tripulación do buque está en bo estado e a bordo. O barco foi construído en 2011 e ten 128 metros de eslora e 19,5 de manga.

O barco dedícase a transporte de produtos químicos e petroleiros se ben no momento de embarrancar non levaba carga a bordo.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/novo-fracaso-salvamento-maritimo-rescatar-blue-star/20191124092413087329.html


© 2020 Nós Diario