Nova York fixa corentena para visitantes procedentes de estados de EUA con máis inciencia de coronavirus

De 14 días de duración,unha medida que tamén van aplicar Nova Jersey e Connética.
nova-iorque-new-york
photo_camera Nova York

Os gobernadores de Nova York, Nova Jersey e Connética emitiron un aviso advertindo que os visitantes dos estados de EUA con taxas de infección por COVID-19 altas deberían estar en corentena durante 14 días. O aviso, que xa entou en vigor aplicarase para viaxeiros  e viaxeiras procedentes de áreas como Alabama, Arkansas, Arizona, Florida, Carolina do Sur, Carolina do Norte, Washington, Utah ou Texas.

O anuncio chega nun momento no que os números de COVID-19 en Nova York -que antes foi o epicentro da pandemia mundial, onde máis de 20.000 persoas sucumbiron á enfermidade- tenden a diminuír, mentres que as taxas de infección suben noutros estados. 

"Poderían literalmente traer a infección con eles", dixo Andrew Cuomo, gobernador de Nova York, sobre as persoas visitantes procedentes doutros estados de EUA. "É unha posibilidade real", engadiu.

O gobernador de Connética, Ned Lamont, dixo que o seu estado informaría aos hoteis e establecementos de aluguer a curto prazo dos requisitos desta corentena. Deidre Gifford, xefe de saúde pública de Connética, dixo que actualizarían semanalmente a lista de estados afectados pola medida.

En Nova York, Cuomo afirmou que calquera visitante que sexa encontrado incumprindo as regras de auto-corentena estaría suxeito a unha orde xudicial e a unha corentena obrigatoria autofinanciada, así como a posíbeis multas de 2.000 dólares polo primeiro incumprimento e 5.000 dólares polo segundo.

O aviso marca un cambio radical na natureza da propagación do coronavirus nos Estados Unidos, onde hai uns meses varios estados ordenaron a corentena para as e os visitantes procedentes de NY. 

Comentarios