Na madrugada afundiu o pesqueiro 'O Silvosa' cando saía faenar do porto de Malpica. Catro homes compoñían a tripulación, un deles faleceu. É o patrón do pesqueiro, veciño de Malpica, José Ángel Sanjurjo, de 48 años.
Os outros tres conseguiron ser rescatados.
O naufraxio produciuse após bater o barco contra un muro do porto, segundo informa a TVG. É o segundo naufraxio en Galiza en menos de 24 horas.
AMPLIACIÓN | O home que morreu era o patrón do barco, natural de Malpica. Así estaba o barco despois de colidir https://t.co/fOImIM0z5c pic.twitter.com/0DVV9mccI3
— TVG (@TVGalicia) 20 de decembro de 2018