Imprimir

Nova suba no número de ERTE, que xa afecta 71.084 traballadoras e traballadores

Redacción | 24 de marzo de 2020

Fábrica de Finsa (Europa Press)
Fábrica de Finsa (Europa Press)

En concreto, hai un incremento nesta terza feira de 70% con respecto ao día anterior, cando o total era de 8.276.

Os Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) presentados polas empresas galegas durante o estado de alarma continúan a aumentar e xa son un total de 13.976, con 71.084 traballadoras e traballadores afectados.

En concreto, hai un incremento nesta terza feira de 70% con respecto ao día anterior, cando o total era de 8.276.

Segundo datos da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que ofrece datos por demarcacións provinciais, as comarcas do país que se encadrarían na división correspondente á Coruña rexistran 5.422 ERTE, con 25.322 traballadores afectados. As encadradas en Pontevedra, 4.576 expedientes e 24.564 empregados.

Nas comarcas correspondentes ás divisións de Lugo e de Ourense, as menos industrializadas do país, houbo 1.845 ERTE e 6.285 persoas afectadas, na primeira; e 1.715 expedientes e 6.523 persoas afectadas, na segunda.

A estas cifras hai que sumar os 402 expedientes en empresas a nivel nacional, con 8.390 persoas afectadas; así como os 16 ERTE presentados a nivel estatal que afectan traballadoras e traballadores no noso país. A Xunta non dispón neste caso o número das persoas afectadas.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/traballo/nova-suba/20200324131302093687.html


© 2020 Nós Diario