A nova proposta grega: reestruturar a débeda, subir o IVE e paquete de financiamento

A proposición de Atenas vai na liña da presentada hai dúas semanas polos acredores, segundo asesor do ex-ministro Yanos Varoufakis.

Tsipras referendo
photo_camera Tsipras referendo

Daniel Munevar, asesor do ex-ministro Tanis Varoufakis, explicou esta terza feira en declaracións a RNE que a propostas que Atenas leva ás institucións europeas após o referendo do domingo e a vitoria do ‘non’ “vai na liña” da presentada hai unha semana. Munevar explicou que esta proposición tomaba como base a realizada polo presidente da Comisión Europea. Jean-Claude Juncker, hai un par de semanas, estando disposto o goberno heleno a asumir unha suba do IVE.

Munevar, que segue a traballar con Varoufakis, subliñou que calquera acordo “ten que conter” a reestruturación da débeda do país, ao fío do afirmado polo FMI a pasada fin de semana, así como un paquete de financiamento e investimento a través do Mecanismo Europeo de Estabilidade (MEDE). Insistiu en que calquera acordo que non conteña unha reestruturación da débeda grega e mecanismos de financiamento para avaliar a situación “non é viábel” para a poboación.

“Coa lexitimidade que gañou o goberno grego no referendo, a idea é tender unha ponte cara ás institucións europeas”, apuntou este analista heleno, que destacou do novo ministro de Finanzas, Euclides Tsakalotos, a súa "extremada intelixencia e preparación".

Comentarios