Imprimir

Nova mobilización na sanidade galega por “ unha carreira profesional xusta”

redacción | 27 de abril de 2018

Traballadores e traballadoras da sanidade pública galega mobilizáronse por cuarta quinte faiera consecutiva na defensa dunha carreira profesional “xusta”. As protestas enmárcanse no calendario de mobilizacións convocado pola CIG-Saúde para esixir unha negociación real da carreira profesional

 

A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, sinalou que no mes de maio continuarán as accións reivindicativas até lograr desbloquear a negociación e que o Sergas se dispoña a negociar. O modelo defendendi pola Consellaría non recoñece a antigüidade dos profesionais, deixa fóra a todo o persoal temporal (que xa é o máis precarizado) e non permite acceder ao grao que lle corresponde ao persoal de promoción interna.

 

A maiores, a negociación prodúcese no contexto da taxa de reposición, pactada cos sindicatos estatais e que impide a consolidación do persoal como persoal fixo.  CIG-Saúde tamén reclama ao Sergas o cumprimento dos acordos asinados na mesa sectorial e suspendidos desde o ano 2010.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/nova-mobilizacion-sanidade-galega-carreira-profesional-xusta/20180427114257068288.html


© 2020 Nós Diario