Cultura

Convocada unha nova edición do Premio Condado de Pallares

Aberta a investigacións até 30 de setembro
Presentación da 14ª edición do premio Condado de Pallares.
photo_camera Presentación da 14ª edición do premio Condado de Pallares.

Presentouse onte o premio de investigación Condado de Pallares, organizado pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, da Xunta da Galiza e dos concellos de Guntín, Chantada e Taboada. O certame premia os mellores traballos de investigación arredor do territorio definido pola demarcación medieval do Condado de Pallares, que abarca os actuais concellos de Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada e Carballedo.

Os traballos, inéditos, de máis de 100 folios e en galego, poden presentarse até 30 de setembro. A décimo cuarta edición, como veu acontecendo até agora, será resolta por un xurado experto. O galardón entregarase na segunda quincena de novembro en Chantada. A remuneración económica é de 3.000 euros e ademais o premio inclúe a publicación en papel, cunha tirada de 1.200 exemplares.

Na presentación, a vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, manifestou a relevancia do apoio das entidades culturais "como axentes de dinamización e de vertebración social" e salientou que o certame é tamén "unha oportunidade para que o traballo de investigación sexa recoñecido".

Comentarios