Para reflectir o que supuxo a emigración

Unha nova colección do Consello da Cultura Galega edita clásicos da emigración

A colección Clásicos da Emigración impulsada polo Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral de Emigración apresentouse en Compostela e ten como obxectivo achegar un reflexo fiel do que supuxo este fenómeno. Tamén se deu a coñecer o primeiro número da coleeción, La Emigración en Galicia, publicada por Ramón Castro López en 1923.

Presentación da colección. Xosé Núñez, Rosario Álvarez, Antonio Rodríguez, Ramón Villares
photo_camera Apresentación da colección. Xosé Núñez, Rosario Álvarez, Antonio Rodríguez, Ramón Villares

Clásicos da emigración é a nova colección apresentada esta cuarta feira 17 de xullo en Compostela polo Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral da Emigración. Ambas as entidades pretenden con ela ofrecer un reflexo fiel do que supuxo este fenómeno. Tanto a colección como o primeiro número da mesma, La Emigración en Galicia, foron apresentadas pola presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, quen destacou que se trata “dun proxecto longamente acariñado e que permite o acceso libre a obras de referencia e de difícil acceso”.

Pola súa banda, o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, sinalou a colección como unha “homenaxe aos centos de milleiros de galegos e galegas que estenderon a Galiza polos cinco continentes”.

La emigración en Galicia (Ramón Castro López, 1923) é un “texto atípico” que serve de punto de apertura desta colección en canto ao seu obxectivo de ofrecer un reflexo fiel da emigración

La emigración en Galicia (Ramón Castro López, 1923) é un “texto atípico” que serve tamén de punto de apertura desta colección en canto ao seu obxectivo de ofrecer un reflexo fiel do que supuxo a emigración galega tanto para aquelas persoas que a viviron desde os seus países de destino como para as que tiveron a perspectiva das que viron marchar os seus seres queridos.

A compilación contará con doce obras de distintos xéneros

A compilación contará con doce obras de distintos xéneros que, segundo sinalaron na apresentación, son difíciles de atopar en bibliotecas e librarías, polo que desta maneira póñense recursos dunha maneira máis accesíbel para o público investigador e para calquera persoa interesada neste tema.

Clásicos da emigración xunta pois distintas perspectivas que marcaron a emigración na Galiza nos últimos séculos con obras de ensaio, ciencia ficción ou biografías e outros xéneros escritos entre principios do século XX e os anos 60.

Os volumes iranse publicando durante os vindeiros meses e estarán prologados por unha persoa especialista contemporánea na materia como Ramón Villares, Pilar Cagiao ou Raúl Soutelo

Os volumes iranse publicando durante os vindeiros meses e estarán prologados por unha persoa especialista contemporánea na materia como Ramón Villares, Pilar Cagiao ou Raúl Soutelo.

Lanzamento do primeiro volume

“Celebro que a colección empece con este libro porque é un texto que vai contracorrente, que di cousas diferentes e foi orixinal e rompedor visto con ollos de hoxe, cen anos despois” indicou o historiador e expresidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, quen precisamente realizou o prólogo desta primeira obra da colección.

Neste texto da súa autoría, Villares salienta o valor contracorrente do texto de Ramón Castro, autor pertencente ao Seminario de Estudos Galegos e socio activo desta institución.

Na apresentación tamén particpou Xosé Manoel Núñez Seixas, director do Arquivo da Emigración Galeg. Esta entidade é precisamente un centro que desenvolve proxectos de investigación que intentan aproximarse ao fenómeno migratorio desde os máis diversos enfoques, cun carácter interdisciplinar.

Comentarios