A empresa Desarrollos Renovables Iberia Delta S.L, pertencente á compañía estatal norueguesa Statkraft, proxectou a construción dun parque eólico de 221 megawatts —formado por 22 aeroxeradores de 5,5 megawatts de potencia nominal unitaria— en terreos de 3 concellos da comarca de Valdeorras e 4 do Bierzo, segundo informa Diario de León e que xa avanzara a finais do ano pasado La Opinión da Coruña.
Barxas, Oencia, Trabadelo e Veiga de Valcarce, O Barco de Valdeorras, Petín e Villamartín de Valdeorras. Por estes tres útimos pasaría a liña de evacuación que conectaría a subestación do novo ‘Parque Eólico Baraxs’ coa subestación de Trives.
O proxecto que xa foi presentado a todas as administracións involucradas e o Ministerio para a Transición Ecolóxica puxo en exposición pública para a súa avaliación ambiental.
Segundo o diario leonés, na área de influencia de dez quilómetros do conxunto de instalacións proxectadas para o parque eólico atópase a Reserva da Biosfera Os Ancares e Montes de Cervantes, Navia e Becerrea.
O período de execución do parque será de 18 meses, contados a partir da data de obtención das autorizacións e licenzas necesarias, e para permitir o acceso ata os emprazamentos previstos para os aeroxeradores —cunha altura desde o chan superior a cen metros— o proxecto deseñado pola empresa asturiana Taxus contempla a construción de viais e plataformas.
A empresa estatal norueguesa Statkraft é o maior produtor de enerxía renovable de Europa e emprega a 4.000 persoas en 17 países.