Tres noites de concertos para o primeiro aniversario de Discos da Máquina

Todas as bandas do selo pasarán polo escenario para dar os parabéns, musicalmente falando. Será este mes no centro social A Gentalha do Pichel, en Santiago DC. Abrirá fogo Das Kapital e pechará a retagarda A Magnifique Bande.

naquina

Discos da Máquina está de aniversario: un ano. E tod@s sabemos o que gostan as crianzas das festas de aniversario. Por iso este selo vai facer tres días de festa. Ou sexa, falando dun selo músical, tres días de concertos e música.

Serán, logo, tres noites de concertos (13, 14 e 20 de decembro) na Gentalha do Pichel de Compostela, a partir das dez da noite e nas que actuarán todas as bandas do selo (Das Kapital, The Lost Omelette Makers, Grampoder, Ataque Escampe, Caxade e A Magnifique Bande dos Homes sen Medo).

A entrada para un día é de 5 euros mais se optamos por un abono para os tres o prezo é de 10 euros.

O 13 de decembro, sexta feira, sairán ao escenario Das Kapital e The Lost Omelettes Makes. O día seguinte, 14, a quenda é para Ataque Escampe e Grampoder. E como tres concertos seguidos son moitos, faise unha paréntese até o 20 de decembro (sexta feira) para o terceiro. A aliñación será, tamén, para gozar: Caxade e A Magnifique Bande dos Homes sen Medo.

No nº75 de Sermos Galiza falamos con Discos da Máquina.

Máis en Ao vivo
Comentarios