No Nadal, abertos ao galego máis que nunca

Un catálogo con propostas de agasallo de todo tipo e en apoio a un consumo responsábel en galego.

acto-de-entega-dos-iii-premios-abertos-ao-galego
photo_camera Un acto de 'Abertos ao galego'

Coa chegada de Nadal renóvase o catálogo das empresas de 'Abertos ao Galego', cun amplo abando de ofertas de agasallos e presentes no noso idioma, desde libros e pezas de vestir até bonos de masaxes ou produtos de alimentación, ou unha manchea doutras moitas cousas interesantes.

Este catálogo terá sobre todo a súa vida en Internet, nomeadamente a través das redes sociais,  no seguinte enderezo: https://issuu.com/abertosaogalego/docs/catalogo_nadal_mesa

Consumo responsábel

Na primeira páxina o catálogo contén un decálogo con 10 argumentos e razóns para apoiar un consumo responsábel co galego, no cal se lembra que todas as decisións que tomamos como consumidoras e consumidores teñen implicacións e que as empresas que apostan polo galego fano dun xeito consciente, cunha aposta polo propio, pola calidade e pola proximidade. “Así, asumir un consumo responsábel co galego é tamén apoiar empresas que asumen a súa responsabilidade social”.

Comentarios