Opinión

NGB: venden GZ a prezo de saldo

Consúmase o espolio. 1.000 millóns de euros por NGB, unha entidade que controla perto do 50 por cento do aforro galego, é unha ganga.

Consúmase o espolio. 1.000 millóns de euros por NGB, unha entidade que posúe perto do 50 por cento do aforro galego, é unha ganga. Estamos a falar do instrumento financeiro que controla a maior concentración de capital amoreada nunca no noso país. Era unha entidade semi-pública, non privada, antes de PP e PSOE pactaren a súa privatización, en Madrid. Agora ten dono. Venezuelano.

Está Feijóo preocupado? Nada, el surfea a onda da imprensa amiga, imprensa amiga que talvez sexa a próxima en ser absorbida/comprada/colonizada.

Esta é unha noticia terríbel, mais non é unha noticia aillada. Un fundo de investimento británico-estadounidense mercou R. Un banco español (o Popular) mercou o Banco Pastor. Pemex (México) mercou Barreras. Damm (Catalunya) mercou Pescanova. Banesco (Venezuela) merca NGB.

A colonización do noso tecido empresarial é verdadeiramente impresionante. Non ten precedentes na nosa historia.

Está Feijóo preocupado?

Nada, el surfea a onda da imprensa amiga, imprensa amiga que talvez sexa a próxima en ser absorbida/comprada/colonizada.

Estes patriotas españois están que se saen, vendendo Galiza a prezo de saldo.

Comentarios