NGB vende a un fondo americano a filial para operar fóra de Galiza

Apollo Management Internacional LLP  pagou 60 millóns polas 80 oficinas de EVO, que ten 250.000 clientes. O compromiso é manter o plantel (615 traballador@s)

Novagalicia Banco

Apollo Management Internacional LLP  pagou 60 millóns polas 80 oficinas de EVO, que ten 250.000 clientes. O compromiso é manter o plantel (615 traballador@s)

A filial de NovaGalicia Banco (NGB) para operar fóra de Galiza, Asturies e León, EVO Bank, foi vendida a un fondo de investimento americano, Apollo, que pagou 60 millóns de euros pola rede de 80 oficinas e unha carteira de clientes de por volta de 250.000.

A Xunta parabenízase pola venda, mentres que a oposición coincide en que é unha mala nova para Galiza

Desde NGB explican que esta operación desenvolveuse mediante un proceso de concorrencia e que se optou polo fondo de investimento de EUA como comprador é porque este se compromete a manter “o 100% da unidade de negocio de EVO”. EVO Banco nacei após a escicisón de activos de NCG.

Satisfacción da Xunta

A conselleira de Economía cualifica como "positiva" a venda e sinala que o feito de que fondos de investimento estranxeiros compren Evo Bank indica que o sistema financeiro galego é fiábel. 

Apollo é un fondo con oficinas en Nova York, Los Angeles, Houston, Londres, Frankfurt, Luxemburgo, Singapur, Mumbai e Hong Kong. Xestiona activos por valor de 113.000 millóns de dólares en fondos de capital risco, crédito e inmobiliario en nove sectores.

BNG: "A venda de EVO é unha socialización de perdas"

O BNG cualifica de "socialización de perdas" para "privatizar" entidades saneadas con cartos públicos, a venda de EVO. O portavoz da frente nacionalista no Parlamento, FRancisco Jorquera, e a deputada Carme Adán,advertiron de que un factor que "provocou a crise das caixas" foi a "expansión irresponsábel" fóra de Galiza e a exposición inmobiliaria.

AGE: "Feijóo ponse do lado dos especuladores"

Para Alternativa Galega de Esquerdas, a venda de EVO é un chanzo máis na "catástrofe" do sistema financeiro galego e acusa a Núñez Feijóo de poñerse ao lado daqueles que especulan e que están a xogar co aforro d@s galeg@s.

PSdeG. "Venda precipitada"

Desde o PSdeG cualificaron de "precipitada" a venda de EVO Banco e que esta faise nun "proceso obscurantista". Aliás, o portavoz parlamentar socialista, Aber Losada, preguntou se esa compra por un fondo de investimento ía ser "financiada" pola propia NGB.



 

Comentarios