Negrito, o primeiro gato con COVID-19 no Estado español

 Detectado o primeiro caso de gato infectado da COVID-19 en Catalunya e no Estado español. Trátase do sexto no mundo.
Gato (Imaxe Eduardo Parra  Europa Press)
photo_camera Seis gatos no mundo xa foron diagnosticados de coronavirus (Imaxe: Eduardo Parra / Europa Press)

Investigadoras catalás do Centre de Recerca en Sanitat Animal detectaron o primeiro gato infectado polo novo coronavirus no Estado español. Trátase do sexto caso rexistrado no mundo. O gato, de nome Negrito, pertencía a un núcleo familiar con diversas persoas afectadas pola COVID-19

As investigadoras lembran que a vía de transmisión predominante é de humano a humano e que a capacidade dos gatos de transmitir a enfermidade "non xoga un papel significativo na epidemioloxía da enfermidade".Sinalan ademais que, ao virus estar moi estendido entre humanos, é posíbel que algúns animais se infecten polo contacto estreito con persoas contaxiadas.

Os estudos científicos publicados até o de agora apuntan a que os gatos son unha das especies animais sensíebis á infección por  Sars- Cov-2, pero hai poucos sobre a susceptibilidade de diferentes especies ao novo coronavirus e sobre a dinámica da infección en especies animais susceptíbeis, apuntou a directora do Centre de Recerca en Sanitat Animal e profesora da Universitat Autònoma de Barcelona (UAB), Natàlia Majó.

O animal ingresou nun hospital veterinario de Catalunya, con dificultades graves para respirar, unha temperatura rectal de 38,2 graos, un nivel moi baixo de plaquetas e unha insuficiencia cardíaca, e practicóuselle unha "eutanasia humanitaria".

Comentarios