Naturgy ofrece luz e gas gratis aos hoteis que cedan as instalacións para o coronavirus

Naturgy ofrece sen custo os subministros de luz e gas a hoteis e residencias que cedan as súas instalacións á Sanidade Pública.
Francisco Reynés, presidente de Naturgy.
photo_camera Francisco Reynés, presidente de Naturgy.

Os hoteles e residencias que cedan as súas instalacións á Sanidade Pública para dar resposta ao incremento de da demanda de camas hospitalarias poderán beneficiarse da gratuidade dos servizos de luz e gas. Naturgy, a antiga Gas Natural Fenosa, ofrecerá subministro sen coste a estes estabelecementos, segundo anunciou a compañía nun comunicado. 

Hotusa, a firma do galego Amancio López, foi a primeira en beneficiarse desta medida, concretamente no seu hotel Plaza Castilla en Madrid, pertencente á cadea Eurostars. 

O presidente de Naturgy, Francisco Reynés, destacou que con esta medida a compañía quixo "reaccionar rápidamente á última necesidade desta crise". "Todas as grandes empresas temos unha responsabilidade co país e debemos contribuír co noso esforzo e capacidade operativa", engadiu.

O subministro enerxético gratuíto a todas as instalacións que respalden á Sanidade Pública súmase a outras medidas xa en marcha polo grupo para facer fronte a esta crise, como a de adiar o cobro das facturas a pemes, pequenos comercios e autónomos; a protección a colectivos vulnerébeis; o reforzo das instalacións críticas para garantir o subministro ou activar o teletraballo a todo o cadro de persoal.

Comentarios