Os nacionalistas canarios inauguraron esta segunda feira a rolda de consultas de Felipe VI

As recepcións finalizarán a sexta feira, coa quenda de Podemos, PSOE e PP. Esta cuarta feira o Borbón recibe os representantes de En Marea. ERC e EH Bildu nun asistirán.

rey_consulta_nueva_canarias_20160118_02

Felipe VI iniciou esta segunda feira a rolda de contactos con representantes das organizacións que o 20-D atinxiron presenza nas Cortes españolas. A organización Nueva Canarias foi a primeira en ser recibida polo monarca español no marco destas conversas para designar goberno. Foro Asturias e Coalición Canaria-PNC completan a quenda de recepcións deste 18 de xaneiro. Pedro Quevedo, deputado de NC, comunicou o seu apoio a un gobrno liderado polo socialista Pedro Sánchez. Cómpre lembrar que Nueva Canarias ía co PSOE nestas eleccións xerais. Quevedo.

En Marea será recibida a cuarta feira, xornada na que tamén acudirán os representantes de DiLL 

Na terza feira serán o momento para UPN e PNV, e no día seguinte, 20 de xaneiro, DiLL e En Marea serán recibidos por Felpie VI. Antón Gómez Reino e Alexandra Fernández serían os integrantes da delegación galega. Quen non acudirá vai ser ERC, en protesto por non recibir o monarca español a presidenta do Parlament de Catalunya. Tampouco o fará EH Bildu, após así acordalo as asembleas da formación da esquerda abertzale.

A quinta feira acudirían á cita Compromís-Podem, En Comù Podem e Ciudadanos. E a sexta feira finalizaría a rolda de consultas con Podemos, PSOE e PP. 

Comentarios