Opinión

Música & Administración

A Consellaría de Educación ameaza novamente o colectivo de músicos cunha partitura de seu: unhas oposicións restrinxidas en forma de Marcha Procesional, para musicar o paso do Persoal de Secundaria a Conservatorios que a sentenza do TSXG tumbou.

É a versión contemporánea dos clásicos na relación música-administración: escaso interés pola música.

Temos que conseguir que a administración aposte firmemente polo ensino musical en toda a sociedade en xeral e nos distintos níveis educativos en particular. Por iso, este problema que vén sincopado, onde a Xunta actúa a contratempo, entoando unha melodía sen harmonizar que obriga o profesorado de música -tanto de secundaria como de conservatorios- a bailar ao seu son, non é a melodía que precisa esta sistema.

A Xunta actúa a contratempo, entoando unha melodía sen harmonizar

Os músicos debemos tocarlles outra música; a das oposicións libres e con igualdade de oportunidades para todos e todas, en contra do recorte de horas de música no ensino, polo dereito de quen aprobou as oposicións e non se lle ofrece praza nun centro educativo.

Apoiemos as xustas demandas do profesorado de música. Convidemos a Consellaría de Educación a que reflexione e deixe que sexan os músicos os que toquen esta partitura que é polo ben da sociedade.

Veña Conselleiro,  ghastas pista?

Comentarios