No Museo do Pobo Galego en marzo de 2020

A Mostra de Cinema Etnográfico abre o prazo de recepción de filmes

O prazo para presentar filmes á Mostra de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego está aberto. Desde o 7 de novembro até o 8 de xaneiro, a organización recibirá as pezas das que sairán as que vaian a concurso na Sección Oficial da XV edición do certame.
MICE 2018
photo_camera A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego en 2018. Foto: MICE.

O requerimento principal é que as obras deben ser posteriores -a data de produción- ao 1 de xaneiro de 2017. O ciclo decorrerá entre o 23 e o 29 de marzo de 2020.

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico procura achegar “o cinema etnográfico e a antropoloxía audiovisual ao público, entendendo o cinema etnográfico como unha ferramenta de investigación, comunciación e creación no ámbito da diversidade cultural”.

Os filmes que resulten escollidas para optar ao Premio ao Mellor Filme Etnográfico pelexarán por un galardón de 1.000 euros, trofeo e diploma; o Premio ao Mellor Filme Etnográfico Galego será de 700 euros, trofeo e diploma; e o Premio do Público, trofeo e diploma. O Premio Agantro “premiará a execlencia antropolóxica” e será otorgado pola Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural.

Comentarios