Unha muller de 91 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e que fora diagnosticada por coronavirus faleceu na tarde desta sexta feira, segundo informou a Consellería de Sanidade.
O desta muller, que presentaba patoloxías previas, correspóndese co primeiro caso positivo relacionado co brote de Vilar de Barrio, polo que tamén permanece ingresado o seu marido de 90 anos.
A deste sexta é a primeira morte rexistrada na Galiza desde o pasado 10 de xuño, cando foi notificada a última vítima mortal, un home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
Con estes datos, xa son 620 os pacientes falecidos na Galiza con Covid-19. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.