Unha muller de 42 anos morreu esta madrugada como consecuencia dun suposto crime machista en Machena (Sevilla). A falecida resultara ferida de gravidade o sábado tras ser presuntamente apuñalada pola súa parella. A vítima fora trasladada ao Hospital de Osuna, ao igual que o suposto autor da súa morte, xa detido e que logo de apuñalada se autolesionou.
Ademais, unha muller de 32 anos morreu asasinada tras ser acoitelada. A policía detivo o suposto autor do crime, un home de 34 anos que era a ex parella da falecida. O arrestado contaba con antecedentes por malos tratos. Aínda non se confirmou que se trate dun novo caso de violencia de xénero.