Winnie Mandela naceu como Nabandle Nomzamo Winfreda Madikizela en Bizana, Sudáfrica, a 26 de setembro de 1936. Xa moi nova, comezou a militar nos movimentos de liberación do pobo negro sudafricano. En 1957 coñeceu Nelson Mandela, con quen contraíu matrimonio un ano despois. Pasou polas durísimas cadeas sudafricanas e apoiou todas as formas de loita contra o establishment racista, incluída a armada.
Derrotado o apartheid no plano político -no social a populación negra está aínda moi lonxe da súa plena liberación en un país en que a maior parte da riqueza continúa nas mans das elites brancas-, fixo parte do primeiro goberno Mandela, gabinete en que asumiu a carteira de Arte, Cultura, Ciencia e Tecnoloxía, en 1994.
O seu prestixio nas bases do Congreso Nacional Africano -o partido movimento que liderou a loita negra contra o apartheid- superou todas as probas, mesmo acusacións de corrupción durante a súa etapa ao fronte do goberno. Era coñecida como A Nai da Nación.