Opinión

Monte veciñal: S.O.S.

Admito que poida parecer pesado o que ,ao mesmo tempo poida parecer teima  de algunha organización de comunidades de montes,de laiarse continuadamente de que , o monte veciñal en mán común, a pesar de ser unha seña de identidade da nosa nación ,é un grande descoñocido. Admito tamén que unha parte de ese descoñocemento e achacabel a veciñanza comuneira .

Admito que poida parecer pesado o que ,ao mesmo tempo poida parecer teima  de algunha organización de comunidades de montes,de laiarse continuadamente de que , o monte veciñal en mán común, a pesar de ser unha seña de identidade da nosa nación ,é un grande descoñocido. Admito tamén que unha parte de ese descoñocemento e achacabel a veciñanza comuneira .

"Queirase ou non se queira, este descoñocemento do monte veciñal , é unha realidade .En todo o curriculum escolar , nen sequera nas especialidades universitarias relacionadas co monte en todas as suas vertentes , non se estuda o que son os  montes veciñais"

Mais, queirase ou non se queira, este descoñocemento do monte veciñal , é unha realidade .En todo o curriculum escolar , nen sequera nas especialidades universitarias relacionadas co monte en todas as suas vertentes , non se estuda o que son os  montes veciñais ,nen o funcionamento das comunidades de montes .Cando os primeiros ocupan 1/4 do territorio galego e as segundas,son xestión democrática e asemblearia de un territorio.

Usanse os termos monte  comunal e monte veciñal en mán común co-mo se fosen sinónimos ; cando os primeiros perteñecen as administracions púbicas e os segundos perteñecen a veciñanza comuneira ,non entendida como ente administrativo , senon como grupo social .Publicanse libros de historia (Historia contemporenea da destrucción da natureza en Galiza), onde se dan datos errados .Como por exemplo que na terribel vaga de lumes do vrán do 2006 , arderon montes veciñais do Val Miñor, cando esta foi unha das poucas zonas de Galiza, que non ardeu.

Mesmo nesta publicación (na que se me permite escribir) , non está exenta de erros referente os montes veciñais en mán común .Fai unhas semanas apareceu un artigo sobor a custodia do territorio .Neste artigo deciase que a Estación de arte rupestre "Outeiro dos Lameiros ", era custodia de territorio, levada adiante por unha asociación .Cando a realidade é que esta Estación de Arte Rupestre atopase no monte veciñal da A Ramallosa (concecello de Baiona) ;e foi posta en valor e está xestionada pola comunidade de montes daquela parroquia  .Porque as comunidades, son  tamén custodia do territorio .Evidentemente , esta información non axeitada a realidade é producto dun erro , non de cousas extranas .Sermos Galiza foi a única publicación impresa que adicou un especial A  Fondo , aos montes veciñais en mán común. 

Ante esta invisibilidade dos montes veciñais en mán común  e ante esta información non axeitada a realidade , a veciñanza comuneira ,temos que agradecer ao BNG , que se comprometese a incluir no seu programa eleitorial para as vindeiras eleccions ao Parlamento Europeio ,o pleno recoñocemento dos montes veciñais en mán común .Na asemblea xeral da Organización Galega de comunidade de montes ,celebrada o pasado 8 de Febreiro ,na cidade de Lugo , acordouse unha resolución solicitando aos partidos políticos  que nos seus programas eleitorais para o Parlamento Europeio, incluisen o recoñocemento do monte veciñal como unha titularidade distinta e que así se contemplase nas lexislacions galega ,estatal e europeia .Somentes respondeu o BNG.E respondeu positivamente 

"Temos que agradecer ao BNG , que se comprometese a incluir no seu programa eleitorial para as vindeiras eleccions ao Parlamento Europeio ,o pleno recoñocemento dos montes veciñais en mán común" 

E de xustiza recoñocer que  non e a primeira vez que o BNG prantexa cuestions positivas relacionadas cos montes veciñais ;levao facendo dende sempre .Mesmo nestes momentos ,nos que a Axencia Tributaria está a perseguir as comunidades de montes, e impondelle multas , como se fosen empresas mercantis puras e duras , en aplicacion do inxusto imposto sobre sociedades , o único grupo político que está a presentar inciativas parlamentares nas Cortes Xerais do Estado , para rematar con esta inxustiza, eo BNG.

Xa que logo , afirmar que o BNG é o único grupo político que prantexas cuestions en defensa do monte veciñal , non e propaganda .E a constatación de unha realidade .De cara as vindeiras eleccions para o Parlamento Europeio, a veciñanza comuneira debemos analisar a practica política dos partidos politicos e ollar os seus programas eleitoriais . E logo votar en consecuencia.

Porque, a pesar do que pretenden facernos crér o poder establecido ,non todos os partidos políticos son iguais .

O escrito pode interpretarse como unha chamada de auxilio a favor dos montes veciñais .Efectivamente así é .

Comentarios