Sábado 10 de novembro

Mondoñedo conmemora un século de nacionalismo na vila

Ilustres cidadáns mindonienses realizaron achegas ao Manifesto da Asambleia Nazonalista de Lugo, redactado entre o 17 e 18 de novembro de hai xustamente un século. O colectivo cultural Memoria da Mariña conmemora o sábado 10 de novembro cen anos de nacionalismo en Mondoñedo.
 

Paco del Riego, Xosé María Moirón, Alvaro Cunqueiro e Cesar Antonio Molina
photo_camera Paco del Riego, Xosé María Moirón, Alvaro Cunqueiro e Cesar Antonio Molina

Dúas conferencias e unha mesa de debate conformarán a “xornada de historia da localidade” na Casa da Penela. Haberá, ademais, “un xantar de confraternidade” ao que haberá que se inscribir antes do 8 de novembro no teléfono 683148757.

Ás 12.00 horas, o investigador Xe Freire oferecerá a palestra De república a república. Mondoñedo entre dous séculos, en que repasa “a vida da cidade desde a I Restauración, o carlismo, o republicanismo federal ou as Irmandades da Fala”. Desta última organización, xermolo do nacionalismo galego do século XX, fixeron partes veciños como Eduardo Lence Santar, Dodolino Trigo, Xosé Polo, Fernando Lorenzo ou Pernas Nieto.

Desta última organización, xermolo do nacionalismo galego do século XX, fixeron partes veciños como Eduardo Lence Santar

Despois, o crítico literario Armando Requeixo realizará unha viaxe pola revista Galiza e o grupo de persoas que a puxeron en marcha. Letras e república na Galiza mindoniense, ás 13.00 horas, estenderase sobre unha publicación “ligada ao núcleo galeguista” de Mondoñedo. O propio Álvaro Cunqueiro contábase entre eles.

Unha mesa redonda, convocada para as cinco da tarde, clausurará o día. Os participantes -Daniel Río, Caxigueiro, Xusto Fernández e Xulio Rodríguez- lembrarán a militancia nacionalista no tramo final do franquismo e no inicio da Transición.

Comentarios