CULTURA

Modulador de Ondas - Cefalú

Como adianto do disco que sairá en outubro, Modulador de Ondas (proxecto en solitario do compositor, thereminista e guitarrista Paulo Pascual) publica un vídeo na rede dun dos temas incluídos no mesmo:”Cefalú”.

Non hai precedentes no Estado español ou Portugal dun traballo similar en canto ao tratamento melódico do theremin combinado cun chelo e unha guitarra.

"O theremin é o único instrumento que se toca sen tocar, dun xeito case máxico e que responde a un funcionamento radicalmente distinto ao resto. É electromagnetismo, electrónica do pasado que viaxa sobre o noso mundo ao futuro. É fascinante. Esixe moito pero dá aínda máis".

Nesta ocasión, a colaboración estivo a cargo da chelista Macarena Montesinos. O video gravouse en Alcabre, Vigo e foi rexistrado e editado por Jose Aragunde.

Comentarios