Opinión

Modificacións da Lei de Montes do Estado: a resurrección do patrimoio forestal español

Está a piques de debaterse nas Cortes Xerais do Estado as modificacions da Lei de montes do Estado ,vixente dende o ano 2003 .Votándolle unha ollada a estas modificacions que pretende levar adiante o goberno central español ,semella que navegamos polo tunel do tempo ; e que nesta viaxe , vaisenos  aparecendo : a lei do patrimonio forestal español ,o Icona, os gardamontes , e outras figuras e leixes franquistas.

Está a piques de debaterse nas Cortes Xerais do Estado as modificacions da Lei de montes do Estado, vixente dende o ano 2003. Votándolle unha ollada a estas modificacions que pretende levar adiante o goberno central español ,semella que navegamos polo tunel do tempo; e que nesta viaxe , vaisenos  aparecendo: a lei do patrimonio forestal español ,o Icona, os gardamontes , e outras figuras e leis franquistas.

"Nosa nación queda sen comptencias en: caza ,xestión de espazos naturais  protexidos ,instrumentos de xestión e rexistro de montes de titularlidade pública , servizos medioambientais".

As pretendidas modificacions da lei de montes do Estado,ten como norte catro obxectivos : a recentralización da capacidade normativa do Estado, a eliminación da participación social nas lexislacions, a desprotección medioambiental dos montes  e a potenciación da producción de madeira de turno curto. Mais que estar a ollar unhas modificacions do ano 2015, semella estar lendo a primeira lei de montes do Estado ,lei que datado ano 1957. Atopamonos , xa que logo, nunha situación involucionista .

Recentralización da capacidade normativa das comunidades autónomas (no noso caso de Galiza) ,a favor do estado central. De feito , nosa nación queda sen comptencias en: caza ,xestión de espazos naturais 
protexidos ,instrumentos de xestión e rexistro de montes de titularlidade pública , servizos medioambientais. Por non ter capacidade , nin os titulos posesorios  que presenten as comunidades autónomas ,terán valor para a declaración e catalogación de un monte.Todas estas competencias pasan
a ser agora , do goberno central.

Eliminación da participación social .O normal nos rexímenes democráticos é que a participación cidadán na elaboración da política e da normativa , se leve a cabo ,mediante os consellos consultivos. Na política
de montes do Estado , estes consellos consultivos eran:A comisión de protección da natureza e o Consello de Bosques .Estes organos consultivos tiñan voz para : Elaboración da extratexia forestal ,plano forestal ,ordenación de montes ,loita contra o lume. As modificacions prantexadas ,eliminan es-
tes consellos consultivos ,e polo tanto , a participación veciñal .

Desprotección medioambiental dos montes. Ate o de agora,as comunidades autónomas ,podian crear outras figuras de especial protección dos montes. Agora, prohibise está capacidade ,non somentes das comunidades autónomas , senon do Estado . A única figura de protección medioambiental , serán os monte protectores .Este desprotección medioambiental dos montes , tamen queda refrexada ,na levantación da obriga das administracions públicas de velar porque os selos de certificación foretal contemplen criterios ambientais e de tomar medidas para evitar que a compra de madeira, proveña de talas ilegais .

"Situa aos montes veciñais en mán común no ámeto dos montes privados, cando son montes de titularidade comunitaria"

Potenciación da produción de madeira de turno curto .Era ben sabido que a politica de montes do Estado (e tamén do goberno da Xunta de Galiza) , consistia en que os montes fosen fornecedores de madeira de turno curto para pasta de celulosas e para cultivos enerxéticos .As modificacions da lei de montes do Estado ,consagran esta liña política .

Así, deixa de ser obrigado o ter un plan de ordenación para xestionar un monte, permiten a venda de madeira de turno curto, non somentes sen ter un plán de ordenación ,senon sin nin siquera pedir autorización as administracions autonómicas e o aproveitamento da biomasa forestal non será so da residual , senon será a de cultivos enerxéticos .

Ademais de que estas modificacions, todas de caracter negativo , poderiamos consideralas como o cerne da extratexia política do goberno central no referente a política de montes, ainda hai mais modificacións , tamen de caracter negativo. Así,situa aos montes veciñais en mán común no ámeto dos montes privados, cando son montes de titularidade comunitaria e pemite baixo unha desas palabras máxicas , que tanto lle gosta usar o Partido Popular (neste caso interese xeral) ,o cambio de uso de un monte que viñera de padecer un lume forestal .

Din que o xefe da relixión cristiana tardou 3 dias en resucitar . Se non o impedimos ,ainda que tardou 58 anos, a patrimonio forestal español , tamen vai resucitar .

Comentarios