24/xul./19
Actualizado: 29/xul./19
Etiqueta
Mozas e mozos chegados de distintos puntos do país reivindicaron soberanía nacional para a Galiza na véspera do Día da Patria Galega. Galiza Nova realizou a homenaxe a Rosalía de Castro e Daniel Castelao cun acto político e concerto en Bonaval e unha ofrenda floral no Pantón de Galegos Ilustres, e fixo tamén a III Ruada pola Independencia.
Da Alamenda de Compostela partiu unha nutrida mobilización xuvenil convocada pola rede de asembleas locais que conforma Mocidade pola Independencia.
Ademais, e como cada ano, por volta de 300 persoas tomaron parte no tradicional acto de Ceivar para amosar solidariedade para coas presas e presos independentistas galegos.