Esta terza feira, día 27, haberá concentracións en Vigo, Lugo, Compostela, A Coruña, Pontevedra, Ferrol, Vilagarcía, A Estrada e Ourense en defensa do sistema público de pensións, en demanda de que se garanta o seu poder adquisitivo e para exixir que as mínimas sexan iguais ao Salario Mínimo Interprofesional.
Convocadas polo colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG , este denuncia que coas sucesivas reformas aprobadas tanto polo PSOE como polo PP, durante varios exercicios non se revisou o importe nominal das pensións, ou fíxose por baixo da inflación, até "que en 2013 o PP eliminou a lei que establecía o IPC como referente, promovendo un duro recorte que nalgúns casos pode reducir até en 20% as futuras pensións, a conta das mentiras sobre o aumento da esperanza de vida".
Mobilizacións
Vigo: 18:00 h na Dobrada
Lugo: 19:00 h na Praza maior
Pontevedra: 11:30 H NA Praza da Peregrina
Vilagarcía: 11:30 h na Rúa Castela (edificio sindical)
Ferrol: 12:00 h (edif Xunta)
A Coruña: 11:30 h no Obelisco
Ourense: 11:30 h n C. Municipal Anxel Valente (antigo Banco de España)
Compostela: 11:00 h na Praza do Toural
A Estrada: 11:30 h na Praza do Mercado