Miranda defende a creación dunha rede de europarlamentares solidarios coas persoas migrantes

A eurodeputada participou en Francia nun debate sobre persoas refuxiadas. Chama a traballar pola posta en marcha de vías libres e seguras, así como pola aprobación da normativa de asilo.

ana miranda refuxiados
photo_camera Foto: BNG Europa

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, participa nunhas xornadas sobre a situación das persoas refuxiadas que teñen luar en Tarbes, Occitania (Estado francés), debate ao que asiste convidada pola eurodeputada do Partido Comunista Francés (PCF), Marie Pierre Vieu. “Temos que frear a construción da Europa fortaleza pola que avogan as forzas da extrema de dereita e seguir avanzando na Europa da solidariedade”, subliñou na súa intervención a eurodeputada nacionalista galega.

“Miranda animou as eurodeputadas e eurodeputados a traballar pola mellora das condicións de vida das persoas migrantes. Neste sentido, avogou pola necesidade de establecer "unha rede de europarlamentares que traballen pola posta en marcha de vías libres e seguras, así como pola aprobación da normativa de asilo".

Lembrou, neste punto, que un primeiro paso no establecemento de vías seguras é o visado humanitario, cuxa tramitación foi aprobada recentemente na Eurocámara. “Compre axilizar este proceso. Non podemos permitir que siga morrendo xente no Mediterráneo polo bloqueo que autorizan gobernos insensíbeis”, dixo.

Comentarios